Seleccionar página

Vinte no Vinte: 20 aniversario de Down Galicia este sábado 20 de outubro

Este sábado 20 de outubro ás 20.00h no Auditorio Abanca de Santiago de Compostela, Down Galicia celebra o seu vinte aniversario na Festa pola inclusión. Para celebrar esta data tan significativa, a asociación convidou a diferentes artistas, que participarán nunha gala cuxos fondos irán integramente destinados á Asociación con fins de investigación e desenvolvemento (I+D+i). O cartel deste evento conta coas actuacións musicais de Lucía Pérez, o Coro da Rá e De Vacas e a espectáculo do Mago Rafa.

Abella Creativa colabora coa Festa pola inclusión de Down Galicia

O noso estudio, en cooperación co departamento de Comunicación de Down Galicia, ofrecemos de forma desinteresada os nosos servizos de asesoría en comunicación, organización de eventos e management artístico, e encantados de facelo.