Cartel-Presentacion-LaLeyendaDe_Santiago asociación compostelana de esclerosis múltiple

A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple acolle a presentación de La Leyenda de


O vindeiro venres 5 de outubro, ás 19:00 horas, a Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple  (A.C.E.M) acolle na súa sede sita na Rúa de Queixume dos Pinos, número 4, de Santiago de Compostela, o evento sociocultural da presentación da novela “La leyenda de”  do autor N.Wolf.

Desde este medio, tanto a asociación compostelá como o autor convídanvos a gozar do devandito acto. O cal, o propio N.Wolf, di esperar con gran ilusión debido a todas as mostras de agarimo e entusiasmo mostrado e que lle trasladaron desde o primeiro instante. As cales quere agradecer tanto a ACEM como a FEGADEM,  xunto ó feito de que fose convidado á sede de Santiago coa intención de poder trasladar a todos os presentes ao mundo fantástico que se recolle entre as páxinas da súa novela.

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *