Seleccionar página

Peter Brandon, a nova webserie de Porco Bravú, protagonizada por Pedro Brandariz

  • O Colectivo audiovisual Porco Bravú presenta a nova webserie “Peter Brandon” na súa canle de Youtube
  • A webserie, protagonizada polo actor e cómico Pedro Brandariz, conta coa participación de actores e actrices como María Tasende, David Amor, María Costas, Xosé Antonio Touriñán e Marcos Pereiro entre moitos outros.
  • Tras un percorrido por festivais, teatros, auditorios e salas de cinema, a webserie ó fin estréase na rede.
  • Despois do éxito de “El método sueco”, Porco Bravú presenta unha webserie en formato de falso documental sobre o cambio de vida dun cómico que quere dar un xiro de 180º a súa carreira.

Peter Brandon xa está disponible online

Despois de múltiples presentacións por toda Galicia en diferentes espazos, chegando a levar unha webserie ás salas de cinema, Peter Brandon: a webserie xa está disponible online en Youtube.
Peter Brandon é o novo proxecto da firma coruñesa Porco Bravú. Os gañadores de tres Premios Mestre Mateo á categoría de Mellor serie web, voltan cunha comedia protagonizada polo cómico Pedro Brandariz na que satirizan o sector audiovisual galego a través duns personaxes inadaptados. Cun reparto cheo de caras coñecidas como Xosé Touriñán, Evaristo Calvo, María Tasende, David Amor ou Isabel Risco (entre moitos outros) a serie amosa a vida dun cómico fóra dos escenarios.

Cal é o estilo deste novo proxecto de Porco Bravú?

Cun estilo falso documental a serie conta o cambio que está a vivir Pedro que, farto do seu traballo, decide emprender un novo camiño cunha nova identidade para facerse co público novo. Pedro Brandariz é agora Peter Brandon e loita por acadar o seu soño de presentar un late night en Galicia.
Jorge Boquete (director), Javi Lopa (productor), Óscar Cruz (guionista), Dani Graña (director de fotografía) e Diego Bouzón (xefe de sonido) forman o equipo técnico desta nova webserie, galardoada xa como Mellor Proxecto no Carballo Interplay 2016 e Premio Mestre Mateo á mellor webserie en 2018.

Unha comedia con tintes dramáticos con claras referencias nas series de Louis CK ou Ricky Gervais e cun ton pouco habitual no noso audiovisual forman a aposta de Porco Bravú pola innovación neste formato. Un formato adaptable a calquera espazo e, recollendo palabras de Jorge Boquete, o director: “estivemos en festivais, teatros e cinemas e eramos a única webserie que non estábamos en internet. Vangarda pura