Seleccionar página

Peter Brandon Porco Bravú webserie

Pedro Brandariz convértese en Peter Brandon

O Brandon Tour percorrerá Galicia durante a Semana das Letras Galegas, visitando Ferrol, A Coruña e Santiago de Compostela.

  • Peter Brandon, a webserie galega de moda, presenta o «Brandon Tour» durante a Semana das Letras Galegas, presentando a webserie en Ferrol, A Coruña e Santiago de Compostela, os días 16, 18 e 19 de maio.
  • Trala estrea mundial no Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, a presentación na Coruña, nun ateigado Teatro Colón que rexistrou cheo, ó igual que no Teatro Principal de Pontevedra e tralo pase no Auditorio de Vigo e obter o Premio Mestre Mateo a Mellor Serie Web o pasado mes de marzo, Porco Bravú e Abella Creativa embárcanse neste Brandon Tour por toda Galicia.
  • Unha comedia con tintes dramáticos protagonizada por Pedro Brandariz, un cómico galego que loita a contracorrente por cambiar un destino inevitable.
  • Posterior ó evento, haberá un aperitivo para os asistentes no café-pub “El pavero”.

Os pases do Brandon Tour

  • Mércores 16 de maio ás 20.00h nos Cines Dúplex de Ferrol. Entrada: 3 euros na billeteira
    • Posterior á proxección, á partir da medianoite na Sala Super 8, Porco Bravú DJ Set.
  • Venres 18 de maio ás 20.00h no CGAI da Coruña. Entrada libre ata completar aforo.
    • Posterior á proxección, á partir da medianoite no Bristol Bar, Porco Bravú DJ Set.
  • Sábado 19 de maio ás 20.00h nos Multicines Compostela en Santiago. Entrada: 3 euros na billeteira
    • Posterior á proxección, á partir da medianoite no Matadero Pub, Porco Bravú DJ Set.

Que é Peter Brandon?

Peter Brandon é o novo proxecto da firma coruñesa Porco Bravú. Os gañadores do Mestre Mateo en 2015 e 2016 voltan cunha comedia protagonizada polo cómico Pedro Brandariz na que satirizan o sector audiovisual galego a través duns personaxes inadaptados. Cun reparto cheo de caras coñecidas como Xosé Touriñán, Evaristo Calvo, María Tasende, David Amor ou Isabel Risco (entre moitos outros) a serie amosa a vida dun cómico fóra dos escenarios.
Cun estilo falso documental a serie conta o cambio que está a vivir Pedro que, farto do seu traballo, decide emprender un novo camiño cunha nova identidade para facerse co público novo. Pedro Brandariz é agora Peter Brandon e loita por acadar o seu soño de presentar un late night en Galicia.
Jorge Boquete (director), Javi Lopa (produtor), Óscar Cruz (guionista), Dani Graña (director de fotografía) e Diego Bouzón (xefe de sonido) forman o equipo técnico desta nova webserie, galardoada xa como Mellor Proxecto no Carballo Interplay 2016.
Unha comedia con tintes dramáticos con claras referencias nas series de Louis CK ou Ricky Gervais e cun ton pouco habitual no noso audiovisual forman a aposta de Porco Bravú pola innovación neste formato.

Brandon Tour- Peter Brandon en Galicia