Seleccionar página

A Academia Galega do Audiovisual organiza os Encontros Mestre Mateo

Este luns 12 de marzo inauguránse unha nova edición dos Encontros Mestre Mateo. Este evento arrincou co obxectivo de crear un punto de encontro e diálogo entre os profesionais activos do sector audiovisual e as novas xeracións dos diferentes centros de ensinanza de educación e comunicación audiovisual. Este ano, tivemos o pracer de compartir experiencia co resto de finalista a Mellor Documental nos Premios Mestre Mateo 2018.

Estivemos presentes no Encontro:

A dinámica do encontro e os tempos foron marcados por Miguel Mariño, director da Academia Galega do Audiovisual, quen conduciu a xornada como unha mesa-coloquio no que cada representante falou de diferentes aspectos das súas producións. Pasaron dende a concepción da idea, a habilidade e talento na búsqueda de financiamento, a producción creativa para levar a cabo un proxecto audiovisual e por suposto, consellos e apreciacións que compartiron cos rapaces e rapazas da Escola Audiovisual Raio Verde.

Unha experiencia inesquecible que agardemos que se repita (non só por parte da Academia, se non dos centros de ensino).