Seleccionar página

Dhogs, o filme de Gaita Filmes dirixido por Andrés Goteira, leva 13 premios Mestre Mateo nesta edición de 2018.

A película realizada e producida por catro profesionais da pequena vila de Meira (Lugo), consegue un feito histórico nestes premios, que é recibir 13 premios das 17 nominacións que tiñan nesta edición. E o mes de maio estará disponible na pantalla grande nos cines de Galicia. Non hai nada como ver que o talento é recoñecido na propia casa. Feito que dende Abella Creativa puidemos comprobar, sentados na mesma fila que o compañeiro Álvaro Gago, que con Francis ó seu carón, levou o premio a mellor curtametraxe de imaxe real por Matria. Tamén estiveron os Bravús un ano máis no escenario para recoller o Premio a mellor webserie con Peter Brandon. Xa falamos con eles e prometeron seguir facendo máis capítulos e contar coa nosa colaboración.

Castelao. De chumbo a verba non conseguiu obter o Premio

Non houbo a mesma sorte para Castelao. De chumbo a verba, a nosa produción dirixida por Miguel López, candidata a mellor documental. A batalla descoñecida de Paula Cons, Agallas Films, AGADIC e TVG alzouse coa estatuilla. Moitísimos parabéns, un traballo fantástico e ben merecedor do premio, ó igual que os outros filmes candidatos: Vigo 1972 e O tempo futuro.

#MáisMulleres #MáisTalento #MáisReencontros

Despois desta fantástica festa do audiovisual que nos serviu para saudar e reencontrar a vellos coñecidos e coñecidas e moitas amigas, reclamar a igualdade no sector con #MáisMulleres, e demostrar que as novas xeracións estamos a pegar forte, soamente nos queda seguir traballando duro, para seguir a celebrar os triunfos, que o fin e ó cabo, non son os premios, é ser afortunados por rodearnos de estupendos e estupendas profesionais e conseguir sacar adiante películas, curtametraxes, webseries, documentais, programas de televisión, obras de arte, e o que nos veña encima.