Seleccionar página

Nova edición de Ficciónate cargada de sorpresas e novidades

Xa estamos traballando nunha nova edición para comezar marzo e abril de 2018 con catro novas curtametraxes para a III edición do ciclo de cinema galego de curta duración Ficciónate. E xa traballando en novas datas de presentación, novos conceptos e novidades.

A continuación, publicamos a relación de filmes inscritos para selección nesta III edición:

OBRAS INSCRITAS NO FICCIÓNATE 2018

Matria de Álvaro Gago. Sombriza Films, 2017.

Quinta provincia de Miguel Canalejo. Audiobeesual, 2016.

Amanece despejado de Bruno Máez, 2017.

Ei guapa! de Sonia Méndez. 2016

Conversa cunha muller morta de Sonia Méndez

As damas negras de Sonia Méndez

Leo y Mario se dejan de Sonia Méndez

Perversa Lola de Sonia Méndez

Café-Bar Santos Peluquería de Sonia Méndez

John de Alejandro Pacheco. 2017

Nada Peor de Sara Fernández. 2017

Felicidad de Alfonso Díez. 2017

Lurna de Nani Matos. 2016

Flores para Amalia de Nani Matos. 2012

Bulldog de Diego Markwalder Gato. Escola de Imaxe e Son de Vigo (EISV). 2016

Desmadre de Laura Regueiro. Escola de Imaxe e Son de Vigo (EISV). 2017

Días de júbilo de Chema A. Montero. Escola de Imaxe e Son de Vigo (EISV). 2015

Zugzwang de Diego Markwalder Gato. Escola de Imaxe e Son de Vigo (EISV). 2017

O XURADO DA TERCEIRA EDICIÓN

Desta vez, ademáis de membros da Organización, dende Ficciónate decidimos incorporar a dous creadores participantes na Segunda Edición, para coñecer a súa valoración e opinión sobre as curtametraxes presentadas.

Pablo Cacheda

Realizador, operador de cámara, montador, produtor e director. Figuras case desaparecidas no audiovisual, Pablo Cacheda é un profesional todoterreo, versátil e con multicidade de proxectos as súas costas. Como último traballo audiovisual destaca Superpunky, El Musical ainda que dirixiu outros proxectos audiovisuais como a webserie Clases de lo social, A Estadea. Ademais, traballa concurrentemente como cámara para series de televisión, eventos culturais e deportivos, etc.

Adriana Páramo

No 2010 gradúase do master de dirección de cine na London Film School coa súa primeira curta Illa Pedra. Despois disto traballa no departamento de cámara en rodaxes en diferentes países como Marrocos ou Italia. No 2012 trasládase a Polonia onde traballa como realizadora audiovisual e organizadora de eventos nunha organización cultural.

Hoxe en día vive en Londres e traballa como xefa de produción na axencia audiovisual Orama.tv. Forma parte da organización Galician Film Forum, nada para levar cine galego a Londres e segue a desenrolar a súa faceta de dirección, sendo  ”Galicia. Portobello Road” a súa última curta.

(Texto de CREA)

Miguel Díaz

Produtor audiovisual. Destaca pola súa capacidade de traballar en todas as disciplinas: teatro, cinema, televisión, organización de eventos. Comezou traballando en Ficciónate na primeira edición co filme Rancor, que produciu dende MT Producciones. Entre outros dos seus traballos destaca «O estraperlista», videoclip do grupo Airiños da Freba.

Andrés Rozados

Cofundador de Abella Creativa, produtor audiovisual e promotor de eventos. Centra a súa actividade principalmente no campo da televisión como xefe de producción e no cinema, destacando títulos como Castelao. De Chumbo a verba, Fálame do silencio ou Superpunky El Musical. Impulsor xunto con Lois Blanco e Olalla Diéguez da iniciativa do Ficciónate.