Seleccionar página

Abella Creativa estará presente nos Premios Mestre Mateo 2018 da Academia Galega do Audiovisual en tres candidaturas.

Castelao. De chumbo a verba. a mellor documental como produción e Matria e Peter Brandon, a mellor curtametraxe de imaxe real e mellor webserie respectivamente en calidade de colaboración.

Das tres posibles nominacións nas que participabamos nesta edición dos Premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual, fixemos pleno na selección dos tres filmes concurrentes a concurso. Especialmente orgullosos pola nominación do documental Castelao. De chumbo a verba. de Miguel López no que participamos como produtora na dirección de produción, produción executiva e posterior distribución e difusión en medios de comunicación.

CASTELAO. DE CHUMBO A VERBA.

Documental ficcionado no que se mistura a época actual, imaxes de arquivo de Castelao ou flashbacks que nos achegan a dúas froitiferas décadas -de 1916 a 1936- da vida do artista e escritor rianxeiro, axudando a entendermos o seu pensamento, e a súa vida persoal, cultural e política.

castelao. de chumbo a verba liceo de ourense

Candidato a mellor documental

MATRIA

Tras centos de seleccións e prestixiosos premios internacionais como o Premio do Xurado do Festival de Sundance a mellor curtametraxe de ficción, Matria obtén recoñecemento tamén por parte dos académicos. Unindo e establecendo lazos con Sombriza Films, en Matria, Abella Creativa realizou a labor de axuda na preprodución, xestionando equipos técnicos, material de fotografía e xestión de recursos, así como conformar o equipo técnico.

MATRIA é unha curtametraxe sobre unha heroína cotiá defectuosa. Sempre cos pés na terra, a intención é a de documentar a súa realidade baixo a ilusión da ficción. Unha realidade tráxica que non ten un aparente final na película, pois MATRIA é unha traxedia contínua gravada con lume na cotidianidade e a rutina. Ramona, a protagonista, está soa e o contexto non lle favorece, pero non perde a esperanza, que reside na súa propia determinación e dignidade, e no amor que lle une á súa familia.

Matria-Alvaro-Gago

Candidata a mellor curtametraxe de ficción

PETER BRANDON: UNHA VIDA POLA COMEDIA

Nesta ocasión, dende Abella Creativa colaboramos cos Porco Bravú para realizar apoio e asistencia de produción na xestión de preprodución e da propia rodaxe, así como apoio na comunicación e distribución do proxecto.

O máis interesante, desde o punto de vista do guión, é responder a pregunta: Que lle dá medo a Pedro Brandariz?.
Nos seus medos está a clave desta comedia. Non pretende ser vándala, nin unha sitcom tradicional. A premisa da serie e o conflito persoal do personaxe é dramático. Trátase dunha persoa que, ós seus 40 anos non sente identificada coa súa vida. Sabe que pode facelo mellor e tamén que quizá sexa demasiado tarde.

pedro brandariz david amor peter brandon

Candidata a mellor webserie