Seleccionar página

Convocatoria III Ficciónate: ciclo de curtametraxes galegas. Cinema galego

Tras dúas edicións de Ficciónate, ciclo de cinema galego, onde as oito curtametraxes foron exhibidas en 14 concellos durante o 2016, 2017 e 2018, dende a Organización ábrese un novo ciclo este ano para presentar 4 novas obras por toda Galicia.
A continuación, colocamos, tanto neste artigo como en documento .pdf, o formulario de inscrición e as bases da convocatoria deste ano 2018 para participar na III edición de Ficciónate.

Formulario de inscripción para Ficciónate 2018

Descarga o Formulario de inscrición para remitir por correo electrónico

Bases III Ciclo de cinema galego Ficciónate

Descargas as Bases en arquivo pdf. do III Ciclo Ficciónate 2018

Ficciónate é unha iniciativa de Abella Creativa e MT Producciones que nace da necesidade de prantexar un circuíto alternativo aos festivais e certames habituais, cunha orientación didáctica, instructiva e con vocación cooperativa.
Unha sesión de cinema con diferentes obras e un posterior coloquio cos seus directores, actores, produtores, músicos e diferentes profesionais que fan posible un proxecto audiovisual.

ANTECEDENTES

Na primeira edición deste ciclo de cinema a modo de festival itinerante, foron seleccionadas catro obras de curta duración:
Rancor, de Miguel Morales, producida por MT Producciones.
El Comediante, de Óscar Cruz, producida por Porco Bravú.
Fálame do silencio, de Lois Blanco, producida por Condetrespés S.L.
Unary, de Luis Avilés, producida por Pixel Films.

Durante o ano 2016, celebráronse un total de 9 proxeccións en diferentes concellos repartidos por toda a xeografía galega:
A Illa de Arousa, 12 de marzo
Negreira, 27 de maio
Pontevedra, 10 de xuño
Sarria, 11 de xuño
Ferrol, 29 de xullo
Burela, 14 de outubro
Santa Comba, 15 de outubro
A Coruña, 3 de decembro
San Sadurniño, 30 de decembro

Na segunda edición deste ciclo de cinema itinerante, seleccionáronse, entre un total de 29 filmes presentados, as seguintes obras:
Illa Pedra, de Adriana Páramo, London Film School.
Curricán, de Álvaro Gago, Sombriza Films e London Film School.
Einstein-Rosen, de Olga Osorio, Miss Movies.
Superpunky, El Musical, de Pablo Cacheda. Volvemos a Primera Producciones.

Durante os anos 2017 e 2018 foron un total de 9 localidades (igualando a primeira edición) en diferentes espazos nos que estivo presente Ficciónate:
A Illa de Arousa, 31 de marzo
A Coruña, 5 de xullo
Sarria, 15 de agosto
Vigo, 24 de novembro
Marín, 15 de decembro
Ribadeo, 13 de xaneiro
O Porriño, 21 de xaneiro
Melide, 16 de febreiro
Santiago de Compostela, 23 de febreiro.

Ficciónate foi unha iniciativa que contou co apoio dos concellos galegos e da Deputación da Coruña e salas de cine e espazos culturais independentes.
De cara a unha terceira edición deste evento, a Organización do mesmo convoca o prazo de inscrición e presentación de obras que podan optar a formar parte deste ciclo de cinema que se celebrará a partir do mes de marzo de 2017, cunha duración de 12 meses dende a primeira presentación.
Para unha correcta inscrición, preséntanse as seguintes bases, a través das cales os usuarios terán toda a información precisa para inscribir a súa obra.

BASES DO II FICCIÓNATE: CICLO DE CINEMA GALEGO

1.- Ficciónate é un ciclo de cinema de curta duración onde terán cabida todo tipo de curtametraxes.
2.- As obras presentadas deben ser orientadas para todos os públicos e non conter ningún tipo de contido que fomente a violencia, a discriminación racial, sexual ou de calquera outra índole. No caso de non ser considerada unha obra apta para todos os públicos, deberase indicar correctamente na inscrición.
3.- A duración máxima da obra será de 20 minutos.
4.- A inscrición é totalmente gratuita.
5.- O prazo de presentación da inscrición remata o vindeiro 23 de febreiro de 2018.
6.- Na ficha de inscrición, os candidatos/as deberán cumprimentar correctamente:
Título da obra
Duración
Cartaz oficial
Ficha técnica
Breve sinopse
Link de descarga/visionado do arquivo (vía Wetransfer, Dropbox, Vimeo ou calquera outra plataforma)
7.- Un Xurado realizarase o visionado e será o encargado de levar a cabo o fallo do proceso de selección das obras presentadas.
8.- O Xurado anunciará o seu fallo o vindeiro 2 de marzo de 2018.
9.- Toda a información sobre o certame estará presente na páxina web: http://www.abellacreativa.com/index.php/o-mel/eventos/ficcionate/

FORMATO DE PRESENTACIÓN DO MATERIAL VIDEOGRÁFICO

* As obras deberán ser presentadas en formato .mp4 HD 1080p-H264 para correcta visualización en pantalla cinematográfica.

COMPROMISO DE CONFIDENCIALIDADE A CARGO DA ORGANIZACIÓN

A Organización de Ficciónate comprométese a que todo o material enviado polos candidatos/as non será difundido, promulgado ou distribuido a terceiras fases nin por ningunha das vías de comunicación posibles. Trátase dun material enviado exclusivamente para a súa valoración e avaliación para formar parte do ciclo.

VALORACIÓNS ESPECIAIS

Valoraránse de xeito especial aqueles proxectos que:
* Fosen rodados orixinalmente en lingua galega.
* Fosen rodados en Galicia e por profesionais galegos.

OBRIGAS DOS SELECCIONADOS

Os representantes dos proxectos seleccionados para este ciclo de cinema terán que enviar unha vez se lles comunique a súa participación, a seguinte documentación:
– Datos fiscais da produtora ou profesional autónomo que desenvolveu o proxecto.
– Documentación da obra en formato dixital para inserción na páxina web.
– Trailer, sinopse, fotografías, ficha técnica e artística e cartaz promocional.

Asistencia de representación de mínimo 1 representante do equipo de cada obra á estrea oficial da III edición e a conferencia de prensa de presentación.
A participación e inscrición dun proxecto cinematográfico neste ciclo, supón a total aceptación destas bases.