Seleccionar página

Feliz ano 2018!

Remata un ano complicado de andadura con múltiples aventuras, retos, experiencias e complicacións para a pequena e mediana empresa que busca loitar para manterse, expresarse e desenvolver proxectos propios así como traballar para iniciativas privadas e públicas que poidan encargar os seus servizos.

Neste ano 2017 dende Abella Creativa:

– Celebramos unha nova edición do ciclo de cinema Ficciónate.

– Presentamos en estrea oficial o filme Castelao: de chumbo a verba.

– Fixemos xira musical con Xabier Vizcaíno e Monoulious DOP

– Realizamos a rodaxe dun novo proxecto audiovisual: Feminazi.

– Realizamos deseños personalizados para diferentes empresas e colectivos.

– Colaboramos con proxectos audiovisuais exitosos como Matria e Peter Brandon.

– Traballamos nunha nova edición do Antroido de Matamá e a Gala contra o Cancro de Ourense.

– Comezamos a campaña de difusión da novela de N. Wolf, La leyenda (Parte 1) La espada de Orec.

– Desenvolvimos o marketing online de VT Sports Management.

– Creamos a campaña de Amador Pena, aMaRatón (Preparación dun maratón en 10 semanas)

– Impartimos cursos de formación de audiovisuais e belas artes.

E máis labores e tarefas que levamos a cabo que de tal cantidade de traballo, quizais xa, nin lembramos.

Afrontamos novos retos para 2018:

– Ampliamos o noso roster de artistas, o que supón máis labor de xestión para contratación e organización de eventos.

– Estamos en fase de posprodución do noso novo proxecto audiovisual, Feminazi, e estamos en reunións para novos proxectos audiovisuais.

– Continuaremos co ciclo de cinema Ficciónate, nesta segunda edición e traballando de cara a terceira.

– Recibiremos propostas de deseño e ilustración, gustosos de facela a medida dos clientes e das súas necesidades.

– Novas ideas, propostas e proxectos tanto dende o mel das nosas abellas, como daqueles que queiran compartilas…

Por un 2018 cheo de ledicia, ilusión, maxia e CREATIVIDADE!

Felicitacion-Nadal Abella Creativa