Seleccionar página

· O lanzamento será o domingo 17 de decembro a través da canle de Youtube da firma audiovisual Porco Bravú.
· A emisión en directo do primeiro capítulo terá varios pases ao longo do día, con encontros previos e posteriores có equipo técnico e artístico.
· A actividade en redes sociais levaráse a cabo mediante os hashtags #BrandonDay e #PeterBrandon

Peter Brandon é a terceira serie desta firma audiovisual. Protagonizada por Pedro Brandariz, Peter Brandon é un falso documental, unha comedia con tintes dramáticos que satiriza o sector audiovisual explorando a cara máis triste do humor. Un cómico galego que, recién  cumpridos os co
renta anos, encóntrase nun momento difícil da súa carreira. Convertindo a cámara nun personaxe máis da historia, o falso documental segue os pasos cara o éxito deste novo personaxe. Para conseguilo adopta unha nova identidade. Agora, Pedro Brandariz é Peter Brandon.
Un documental que segue o día a día do cómico: os shows, as citas e reunións e mesmo as relacións con compañeiros de traballo e caras coñecidas do audiovisual galego como María
Tasende, Xosé A. Touriñán, Marcos Pereiro, María Costas, Daniel Vilaverde ou David Amor, entre outros.
A primeira oportunidade para ver Peter Brandon online será este domingo a partir das 12.00 horas. A emisión, por streaming, terá catro pases na mesma xornada: matinal, tarde, prime-time e de madrugada.
Antes e despois de cada capítulo, o equipo técnico recibirá preguntas a través das tres redes sociais de Porco Bravú, Instagram, Twitter e Facebook (@porcobravu), co hashtag
#BrandonDay e #PeterBrandon.
Ademáis de realizar conexións en directo con novas e sorpresas.
Porco Bravú acumula desde os seus inicios en 2013 moitos recoñecementos. Coa súa anterior producción para Internet, ‘El Método Sueco’, recibiron o Premio Mestre Mateo a Mellor Serie Web en 2015 y 2016, convertíndose na única webserie con dous galardóns consecutivos; e o
novo proxecto, Peter Brandon, logrou o recoñecemento como Mellor Proxecto no Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay.