gala contra o cancro ourense

Éxito na V Gala Contra o Cancro de Ourense


Os ourensáns responden de forma masiva á chamada da Asociación Contra o Cancro de Ourense e o auditorio da cidade quedou pequeno para albergar a gala. As entradas esgotáronse 3 días antes da celebración e desde a organización animouse aos cidadáns a que colaborasen optando pola Fila 0. A Gala contra o Cancro estaba organizada pola Asociación Cultural Xuvenil As Canellas e Claqueta Coqueta Producións. A velada foi conducida por Rubén Riós e Xacobe Bruña e contouse coa participación de O Sonoro Maxín, Miguel Arias, Xestreu, Mago Marco e os grupos de danza Nati Freta-Coppelia e Moovett.

Para colaborar coa fila 0 deste evento, os interesados poden realizar transferencia bancaria á Asociación Española contra o Cancro de Ourense, no número de conta ES68 2080 0475 5630 4000 0077 na entidade bancaria Abanca.

 

gala contra o cancro ourense

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *