Seleccionar página

O autor N. Wolf foi entrevistado por El Correo Gallego pola presentación do seu novo libro: La leyenda de… (Parte 1) La espada de Orec.

Xa podes adquirir o teu exemplar no seguinte link: La leyenda de… (Parte 1) La espada de Orec

E tamén, xa disponible nas librarías Refoxos (Sigüeiro) e Follas Novas en Santiago de Compostela.

Deixámosvos coa entrevista ó completo.

O autor que retoma a historia que comezara con 16 anos

Ignacio Pereiro Sanín vén de editar a sua primeira novela ‘La leyenda de’ // Serán catro partes as que conformen a saga // Deuses, elfos ou enanos protagonizan as aventuras deste libro que entretén, á vez que fai pensar ao lector

Hai traballos que son pura mecánica, que practicamente calquera pode aprender e desempeñar con máis ou menos acerto, pero hai outros que non se poden forzar, outros para os que un ten literalmente que nacer. Precisamente a de escritor é unha desas profesións que só son aptas para persoas creativas e sobre todo pacientes e constantes. Un gran exemplo de todo isto é o santiagués, afincado en Oroso dende hai anos, Ignacio Pereiro Sanín que ven de publicar a sua primeira novela La leyenda de.
“Cando tiña 16 anos ensináronnos a escribir a máquina e eu estaba canso de copiar libros e decidín crear a miña propia aventura”. Así comezaba a historia de amor entre Ignacio e a literatura. Dende entón nunca deixou de escribir, aínda que non tanto como quixera posto que este santiagués combinaba a sua paixón pola escritura co traballo na empresa de seu pai, cunha colaboración nunha páxina web e como entrenador de fútbol.
Non obstante, Ignacio foi consciente de que si realmente quería rematar aquela historia que comezara con 16 anos tería que deixar algunhas cousas e facerlle fronte a páxina en branco. E así o fixo. “Para min o papel en branco é unha bendición porque non che pon límites, permíteche crear”. E con esta determinación e tras sete anos de arduo traballo hoxe ve a luz a súa novela La leyenda de, La espada de Orec. O primeiro, por certo, dos catro tomos que van conformar a saga.