Seleccionar página

Castelao revive os seus anos en Pontevedra no novo filme de Miguel López titulado Castelao. De chumbo a verba

  • O venres 24 de novembro ás 20.00h no Liceo de Ourense, preséntase o documento Castelao. De chumbo a verba.
  • Protagonizada por Miguel Pernas, na pel de Castelao e Iago Novoa, un rapaz que está a estudar e ten que realizar un traballo na escola sobre o ilustre galego-
  • O filme conta coa participación de actrices recoñecidas como Uxía Blanco e Silvia Romaus e a música da portuguesa afincada en Ourense, María do Ceo.

Miguel López xa ten debaixo do brazo a súa primeira cinta audiovisual. Tras máis dunha década de estudio, reflexións e correccións de guión, o director  galego presenta o seu primeiro filme: Castelao. De chumbo a verba.

O director presenta este filme no Liceo de Ourense centrado na vida do ilustre galego durante os seus vinte anos de vivenzas en Pontevedra, antes do seu exilio.

O vindeiro venres 24 de novembro ás 20.00h no Liceo de Ourense, o director e guionista Miguel López, acompañado do equipo de rodaxe do filme presentarán este documental sobre a vida de Castelao en Pontevedra. O evento contará coa actuación e interpretación dos temas musicais da película, cantados por María do Ceo.

A historia do filme transcurre na época actual. Nun colexio de Pontevedra celébrase o día das artes Galegas adicado á Castelao. A mestra (Uxia Blanco) encarga un traballo que teñen que realizar os alumnos durante o fin de semana. Xavi (Iago Novoa), un neno intelixente e un pouco lacazán recibe unha reprimenda da súa mestra por non estar atento á clase.  A partir de aí, o neno artella un mundo entre a fantasía e a realidade que se inicia cando a estatua de Castelao  do grupo escultórico de la Praza de San Xosé cobra vida (Miguel Pernas) e percorre co neno os lugares máis significativos da Pontevedra na que viviu o insigne galeguista durante 20 años.

“Castelao. De chumbo a verba” é un documental ficcionado no que se mistura a época actual, imaxes de arquivo de Castelao e flashbacks que nos achegan as dúas froitiferas décadas -de 1916 a 1936- da vida do artista e escritor rianxeiro, axudando a entendermos o seu pensamento, e a súa vida persoal, cultural e política.

Castelao: de chumbo a verba está producida por Miguel López en coprodución con Abella Creativa, co apoio do Concello de Pontevedra, Pontevedra Film Commission, Pazo da Cultura de Pontevedra e o patrocinio e colaboración de Bateamar, Galicia Calidade, Gadis, Estrella Galicia e Mandeo Récords.