Gala Cancro de Ourense

A V Gala Contra o Cancro de Ourense celébrase o sábado 2 de decembro


A gala contra o cancro celebra a súa quinta edición en Ourense

A cita será o vindeiro sábado 2 de decembro, ás 20.30 horas no Auditorio Municipal de Ourense.

  • A Gala Contra o Cancro de Ourense celebra a súa quinta no Auditorio Municipal da cidade.
  • O evento xa recadou preto de 20.000 euros sumando as catro citas anteriores e espera encher de novo de solidariedade, o Auditorio da cidade auriense.
  • O Sonoro Maxín, Miguel Arias, Xestreu, o Mago Marco e os grupos de danza Nati Fleta-Coppelia e Moovett conforman o cartel desta V edición, unha gala que estará chea de sorpresas.
  • Os mestres de cerimonias serán o actor ourensán Rubén Riós e a xoven promesa Xacobe Bruña.
  • Os fondos recadados irán destinados integramente á Asociación Española contra o Cancro de Ourense.

A Gala contra o Cancro de Ourense volve este ano para celebrar a súa quinta edición. Tras catro anos enchendo o auditorio municipal, esta cita solidaria leva durante catro anos enchendo as butacas do Auditorio Municipal, reunindo a referentes do mundo da música, a danza, o humor e a interpretación. Despois de recibir a artistas como Susana Seivane, Lucía Pérez, Emilio Rúa, Daniel Minimalia, Luís Emilio Batallán, Rosa Cedrón, Guadi Galego, Xosé Manuel Budiño, Lys Pardo e Xabier Vizcaíno entre moitos outros, este ano, a celebración terá lugar o sábado 2 de decembro no Auditorio da cidade.

Os mestres de cerimonias serán Rubén Riós – actor e empresario ourensán, presentador nas anteriores galas e coorganizador da cita a través do programa de responsabilidade social da súa produtora Claqueta Coqueta- e Xacobre Bruña – xoven promesa do espectáculo-, que amenizarán a gala con elocuentes e divertidas intervencións que darán paso aos artistas da gala.

A Organización do evento anunciou a través das súas canles habituais de comunicación e as redes sociais, as actuacións desta edición. O Sonoro Maxín, banda de música ourensá  que compartiu escenario con grandes da música como Manu Chao ou Los Delinqüentes, presentará cancións do seu novo álbum “Sete Dezasete”, un disco que celebra o décimo aniversario da creación da banda. A música correrá polas veas dos asistentes tamén da man de Miguel Arias, un músico e cantante ourensán cunha traxectoria imparable que colaborou con artistas de talla internacional como Robbie Williams, Pablo Alborán ou Lorena Gil. En representación da música tradicional, as Xestreu, grupo de 5 pandereitas da provincia que sorprenderon co seu novo álbume “Non me toques a saia” e xa estiveron presentes en edicións anteriores acompañando a Emilio Rúa. Por primeira vez neste evento, preséntase un espectáculo de maxia da man dun artista de dilatada experiencia como o Mago Marco. A danza estará presente a través da Escola de Danza Nati Fleta-Coppelia e o Centro Deportivo Moovett que presentará perfomances e coreografías orixinais e xenuínas.

En palabras do organizador, David Rodríguez (presidente da Asociación Cultural Xuvenil As Canellas): “son xa cinco anos organizando esta gala en datas previas ó Nadal, e nesta ocasión, quixemos facer unha homenaxe ós ourensáns e ourensás que sempre responden a nosa chamada solidaria, a túa entrada é vida”.
As entradas para a gala xa están disponibles á venda anticipada en diferentes puntos da cidade: AECC OURENSE (Curros Enriquez, 26), Despacho Voluntariado AECC no CHOU (Complexo Hospitalario Ourense), Kiosko Marcos (Rúa Bedoya), Centro Deportivo Moovett (Rúa Avilés de Taramancos), Escola de Danza Nati Fleta- Coppelia (Rúa Curros Enriquez), Motorcycles Shop (Rúa San Francisco), Prink Ourense (Avenida da Habana), El Secreto De Sara (Avenida Celanova, A Valenzá), Matíz Instrumentos Musicais (Avenida de Zamora), Osi Gourmet (Rúa Ramón Cabanillas). Panadería Roberto (Seixalbo), Casa Toñita (Rúa San Miguel), Trampitán (Praza Maior) e Audífonos Widex (Rúa do Paseo).

As entradas terán o custe de 5 € anticipada e de 8 € na billeteira. Este evento ademáis conta co patrocinio do Concello de Ourense, a Deputación de Ourense, Abanca, Grupo Cuevas, Grupo Academia Postal, Prink, Aural Centros Auditivos Profesionales, Pablo Enrique, Coasa e Pérez Rumbao; a colaboración de 20 de Vyrras, Bodegas Gallegas, Pily Reñones, Osi Gourmet, Coren, Centro Coppelia Escola de Danza, Abella Creativa, QM Estilistas, Moovett Centro Deportivo, Aleuto Medios Dixitais e NH Ourense.

V Gala Contra O Cancro de Ourense

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *