Seleccionar página

Estrea online de Metamorfose no instituto: Curso de formación en produción audiovisual

Durante os meses de novembro e decembro de 2016 e xaneiro de 2017, desenvolvimos un curso de formación en produción audiovisual orientado a rapaces de entre 15 e 16 anos de 4º da ESO do IES Terra do Xallas de Santa Comba.

O programa estivo centrado en 3 módulos principais

  • Guión: dende o folio en branco, pasando pola concepción dunha idea e o desenvolvemento e guión literario final.

Os docentes Lois Blanco Araúxo (director e dramaturgo) e Óscar Cruz (guionista) foron os encargados de compartir a súa experiencia, expoñendo as necesidades básicas para poder crear unha historia, e os pasos e claves a seguir para levar a cabo a escritura dun proxecto audiovisual.

  • Produción: como crear un plan de produción, conseguir financiamento, organizar o equipo técnico e prantexar unha plan de rodaxe

Andrés Rozados impartiu durante 1 mes este módulo no que se expuseron múltiples contidos relacionados co plan de produción, o plan de financiamento, a organización do equipo técnico, a selección do equipo artístico a través do casting e a organización dun plan de rodaxe.

  • Realización e dirección: linguaxe audiovisual, estética e liñas de traballo para contar a nosa historia

Pablo Cacheda (A Estadea, Clases de lo social, Superpunky El Musical), director, operador de cámara e montador, compartiu 4 intensas clases nas que se falou do story-board, o guión técnico, a importancia de cada un dos membros de equipo e como configurar unha liña de traballo para acadar o obxectivo dunha correcta realización.

O resultado foi o que podedes ver a continuación, grazas á colaboración de Xalleiros polo Audiovisual, o IES Terra do Xallas, o Concello de Santa Comba, a maquilladora Tita F. Echevarría e a docente e xefa de estudios Cristina Duarte, quen puxo todas as facilidades para que a curtametraxe fose un éxito.

Metamorfose no instituto

Making of de Metamorfose no instituto por Erika Lois