Seleccionar página

Principios de educación creadora

Miguel Castro novamente visita Galicia, esta vez para impartir un curso introductorio sobre os principios da educación creadora na Coruña.

O 22 de setembro ás 18.30h en Bosque de Bolboretas da Coruña, Miguel Castro ofrecerá unha charla pública sobre os principios da educación creadora, para dar paso a un curso introductorio os días 23 e 24 de setembro.

O espazo: Bosque de Bolboretas

Bosque de Bolboretas é un proxecto de familias comprometidas coa aprendizaxe vivencial para que as nenas e nenos poidan convivir xunt@s, decidan por si mesm@s cómo empregar o seu tempo, así como qué e cándo aprender e con quén aprendelo.

O obxectivo do espazo é dar cabida a un entorno relaxado e libre de presións externas, no que as nenas e nenos teñan oportunidades para coñecerse a si mesm@s.

Bosque de Bolboretas é un ambiente baseado no respecto mutuo como principio básico nas relacións entre persoas, así como na confianza na capacidade de aprender das nosas fillas e dos nosos fillos.