Seleccionar página

VT Sports Management presenta unha nova edición do Summer Camp

Summer Camp VTSPORTS nace co obxectivo de achegar a vida universitaria norteamericana, nos Summer Camps compaxínase a aprendizaxe de inglés co deporte.

Durante estas estancias prepárase aos rapaces deportistas para realizar as probas de acceso ás Universidades norteamericanas ao mesmo tempo que se rodean doutros deportistas de todo o mundo mentres adestran e compiten ao máis alto nivel.

Os profesionais de VT Sports, centra a preparación do inglés nos exames de SAT e TOEFL con titores nativos e expertos nesta materia. Unindo horas de clase con adestramentos e aprendizaxe en actividades diarias como as visitas ás universidades, pescudan que a preparación e absorción do idioma fágase dun modo natural e eficiente.

Os rapaces que acoden ó Summer Camp dispoñen de aloxamento en familias americanas con nenos, buscando que coñezan e compartan a cultura americana desde dentro.

Sen dúbida, estes rapaces amantes do deporte poderán gozar dunha incrible experiencia en Tampa Bay, Florida coas nosas actividades en Parques de atraccións, praias, Laser Tag, boleira, cinema, torneos e excursións.

Quen son VT Sports Management?

VT Sports nace do entusiasmo e a entrega para brindar a oportunidade de gozar de bolsas universitarias deportivas e académicas en Estados Unidos a todos os estudantes que queiran desenvolver a súa carreira académica compaxinándoa co deporte ao máis alto nivel.

O obxectivo de Marco Verdasco e Hugo Taracido é achegar a educación e o deporte universitario norteamericano a todos os recunchos do planeta. Para iso coidamos a relación coas universidades, institucións, centros deportivos e o máis importante, os nosos deportistas e as súas familias.

Marco Verdasco e Hugo Taracido, socios fundadores de VT Sports Management, cursaron os seus estudos universitarios nas prestixiosas universidades de Oregon e Santa Clara University, respectivamente.

Ambos xogaron como bolseiros nos equipos de tenis masculino, e tras a súa grata experiencia, agora brindan o seu know-how para que se poida vivir o soño americano.

A continuación, podedes ver o vídeo resumo realizado por Pablo Cacheda durante a estancia deste xullo en Tampa Bay, Florida.