Seleccionar página

Diana López: «Temos o obxectivo de rodar a curta nun día e medio»

O filme dirixido e guionizado pola moza pontevedresa gravouse na casa familiar da bloguera en Curro
Diana López Varela, é unha muller polifacética, que se desenvolve como produtora, escritora, guionista e bloguera. Neste proxecto audiovisual vai un paso máis aló e toma as rendas da dirección do filme Feminazi, unha comedia sobre o feminismo, que a miúdo adoita ser mal entendido, dándolle un toque desenfadado e divertido.
O equipo técnico está integrado ao 100% por mulleres, a excepción do equipo de produción que está conformado por homes.
A idea de crear esta historia é a de facer ver, baixo unha perspectiva satírica e burlesca, a mala idea preconcibida e os prexuízos que, tanto homes como mulleres, teñen do movemento feminista. E tamén, porque non, abrir un debate sobre o uso que ultimamente se está realizando sobre o termo Feminazi.
Protagonizada por Laura Míguez e Fernando González, o filme conta a historia de Rocío e Manu, unha parella que no seu domicilio están a gozar dunha peli ata que ela, infórmalle de que ten unha reunión na Plataforma Feminista. A partir de aí, cambia todo.
O resultado? Teremos que esperar ao mes de outubro para velo…