Seleccionar página

O auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra rexistrou un aforo completo de máis de 800 persoas para disfrutar da estrea do filme Castelao: de chumbo a verba.

O evento tivo lugar este sábado 20 de maio ás 20.00h e contou coa intervención do director do filme Miguel López, as actuacións musicais de María do Ceo, a actuación da poetisa Baia Fernández e a asistencia de gran parte do elenco e equipo técnico deste documental.

Superáronse as expectativas e ante un espazo previsto para 756 localidades, houbo persoas que ó chegar tarde á cita, non dispuxeron de localidade para disfrutar dunha gala de presentación oficial dunha película que o director e guionista levaba traballando durante máis de 10 anos.

Os protagonistas da cinta estiveron presentes no acto e compartiron doces momentos con todo o equipo: Miguel Pernas, na pel de Castelao e o novísimo Iago Novoa, de tan só 12 anos, que se enfrontaba ante o seu primeiro papel protagonista.

A voz de María do Ceo (autora da banda sonora xunto a Armando González), acompañado polos músicos José e Álex Salgado fixo que a experiencia audiovisual resultase inolvidable. A artista portuguesa afincada en Ourense interpretou temas como «Negra sombra», «Lela» e Castelao – tema central da película- e despediu a gala cunha animada canción titulada «Bateamar».

Este cheo total impresionou a todos os asistentes, tendo en conta de que, moi preto, no Estadio Municipal de Pasarón, xogábase un partido de playoff para o ascenso a Segunda División entre o Real Club Murcia e o Pontevedra C.F.

Castelao: de chumbo a verba está producida por Miguel López en coprodución con Abella Creativa, co apoio do Concello de Pontevedra, Pontevedra Film Commission, Pazo da Cultura de Pontevedra e o patrocinio e colaboración de Breogán Films, Bateamar, Galicia Calidade, Gadis, Estrella Galicia e Mandeo Récords.

Actuacion-Maria-Do-Ceo

Imaxe: Foto Carlosgrafías

Escenario_Equipo Castelao

Imaxe: FotoCarlosGrafías