Seleccionar página

Luis Emilio Batallán canta ás Letras Galegas en Vilagarcía de Arousa

O artista visita Arousa nun concerto especial para o Día das Letras Galegas

  • O responsable do disco con maior éxito de todos os tempos da música galega actúa o Día das Letras Galegas en Vilagarcía de Arousa, na praza da Liberdade ó ar libre a partir das 13.00h
  • O artista chega a Santiago de Compostela, con novo disco baixo o brazo: 70 y 29, un elepé producido dende Cuba e Nova Iorque, distribuido por Universal Music e coas colaboracións estelares de Joaquín Sabina, Joan Manuel Serrat e Pablo Milanés entre outros.

Deica pouco, Luís Emilio cumpría corenta maios desde que sacou o seu primeiro disco: “Ahí ven o maio”. Ese que o lanzou á fama a mediados da década dos 70´ e que o converteu no disco máis vendido de todos os tempos. Médico de profesión durante moitos anos, agora, Batallán céntrase ao 100% na música.

O mércores 17 de maio, Día das Letras Galegas ás 13.00h, Vilagarcía de Arousa recibirá cun vermú e vestirase de gala para recibir a Luís Emilio, alcumado por D. Álvaro Cunqueiro como Lord Batallán. Luís Emilio chega a este concerto co seu novo disco debaixo do brazo e con moitísima ilusión de facer vibrar aos santiagueses coa súa música. “Vilagarcía de Arousa… terra de mares, historias escondidas no son das ondas” afirma Batallán.

Batallán estivo presente nos escenarios durante catro décadas de música con álbums recoñecidos como “Ballet da nena”, “Eres un fármaco” e en 2007, “Tu retrato”. Luís Emilio é coñecido polo público pola súa habilidade ao musicalizar poemas de grandes referentes da literatura galega como Rosalía de Castro (no seu novo disco incorpora o tema “Adiós ríos, adiós fontes” con Pablo Milanés), Celso Emilio Ferreiro (o tan famoso tema ”Agardarei”) ou Álvaro Cunqueiro (un dos seus grandes éxitos ?Quen puidera namorala” baseado no poema “No niño no voo do vento”) entre outros. O intérprete regresa aos escenarios cun traballo máis íntimo, máis coidado e máis persoal, máis arriscado. Adicado a súa nai Ofelia, recentemente desaparecida, o traballo recolle ritmos caribeños, ritmos de bossa-nova, bachata e merengue, incluso reggaetton. Se é que Batallán xa ten rédito e experiencia como para facer o que lle veña en gana. Batallán, en estado puro.