Seleccionar página

A estrea será o 5 de maio no Festival de Contenidos Dixitais Carballo Interplay, no que gañaron a pasada edición o premio a mellor proxecto.

Unha comedia con tintes dramáticos protagonizada por Pedro Brandariz, un cómico galego que loita a contracorrente por cambiar un destino inevitable.

A firma audiovisual logrou coa súa anterior producción para internet, ‘El Método Sueco’, o Premio Mestre Mateo a Mellor Serie Web dous anos consecutivos e premios en festivais de todo o país.

Peter Brandon é o novo proxecto da firma coruñesa Porco Bravú. Os gañadores do Mestre Mateo en 2015 e 2016 voltan cunha comedia protagonizada polo cómico Pedro Brandariz na que satirizan o sector audiovisual galego a través duns personaxes inadaptados. Cun reparto cheo de caras coñecidas como Xosé Touriñán, Evaristo Calvo, María Tasende, David Amor ou Isabel Risco (entre moitos outros) a serie amosa a vida dun cómico fóra dos escenarios.
Cun estilo falso documental a serie conta o cambio que está a vivir Pedro que, farto do seu traballo, decide emprender un novo camiño cunha nova identidade para facerse co público novo. Pedro Brandariz é agora Peter Brandon e loita por acadar o seu soño de presentar un late night en Galicia.
Jorge Boquete (director), Javi Lopa (productor), Óscar Cruz (guionista), Dani Graña (director de fotografía) e Diego Bouzón (xefe de sonido) forman o equipo técnico desta nova webserie, galardoada xa como Mellor Proxecto no Carballo Interplay 2016.
Unha comedia con tintes dramáticos con claras referencias nas series de Louie CK ou Ricky Gervais e cun ton pouco habitual no noso audiovisual forman a aposta de Porco Bravú pola innovación neste formato.

Velaquí compartimos convosco o último teaser promocional, recén saído do forno e con moito amor