Seleccionar página

O IES Terra do Xallas de Santa Comba celebra a súa II Semana Cultural

Intensa semana e atractivas actividades no instituto de Santa Comba que se converte un ano máis nun foco de efervescencia cultural e científica, coa súa II Semana Cultural, que conta co apoio do concello xalleiro.

Ademáis do concerto de The Vacas, a música de Rodrigo Rodríguez, e os talleres e charlas de Idoia Cuesta e Ángel Carracedo, o final da semana ten como protagonista o cine. O venres 7 de abril ás 20.30h no Multiusos Terra do Xallas, terá lugar a estrea de Metamorfose no instituto, curtametraxe filmada polos alumnos de 4º curso da ESO do obradoiro audiovisual e coa coordinación de Abella Creativa na formación, cos docentes Lois Blanco, Óscar Cruz, Pablo Cacheda e Andrés Rozados. Posteriormente, a laureada película Lobos sucios proxectarase neste espazo coa presenza de Paula Cons, produtora executiva.

 

 

cartel lobos sucios