Seleccionar página

Andrés Rozados imparte unha masterclass sobre produción audiovisual a alumnos do Perú

Este pasado venres 31 de marzo, Andrés Rozados impartiu unha clase de produción para alumnos do TLS Toulouse Lautrec de Lima, onde actualmente o compañeiro Dani Antelo está de docente. Andrés aceptou o convite e explicou basicamente nunha hora varios aspectos esenciais da produción: como se organiza un equipo de produción, cales son as fontes de financiación, como organizar un orzamento e plan de produción así como múltiples anécdotas de rodaxe. Ó final da sesión, contou coa compaña de Pablo Cacheda para falar do proxecto Superpunky, El Musical.