Seleccionar página

Ducias de asistentes estiveron presentes na primeira sesión de Ficciónate na Illa de Arousa

Representantes dos 4 filmes estiveron presentes na posterior charla-coloquio que quixeron compartir cos espectadores:

  • Illa Pedra: Lara Dopazo (poetisa) e María Lalín (directora de produción)
  • Curricán: Álvaro Gago (director), Alberto Gago (produtor) e Javier Fernández (actor)
  • Einstein-Rosen: Juan Galiñanes (produtor), Teo e Óscar Galiñanes (protagonistas)
  • Superpunky, el Musical: Pablo Cacheda (director e produtor executivo)

Fantástica acollida e interese mediático pola iniciativa

Foron múltiples as entrevistas, reportaxes e artigos referentes en diferentes medios de comunicación que quixeron facerse eco da noticia: La Voz de Galicia, Diario de Pontevedra, Faro de Vigo, Radio Arousa, PontevedraViva, Cinema Galego, El Mundo, El Periódico… Unha cobertura e apoio que influiu e notouse de cara a afluencia de público, que segundo estiman dende a Organización do Auditorio da Illa, supera con creces a media de asistentes ós espectáculos.

Pontevedra Viva Illa de Arousa Ficcionate

Especial lembranza ó actor Mateo González

Previamente a comezar a presentación do ciclo, os organizadores coñeceron a noticia de que o compañeiro Mateo González, falecera traxicamente na cidade da Coruña, polo que decidiron adicarlle esta primeira sesión de cinema ó recentemente desaparecido.

Trala ración de cinema, ración de produtos galegos combinando gastronomía e cine

Posterior ó coloquio tras unha hora de cinema, os asistentes puideron desfrutar no Bar Mexillón da Illa de Arousa, dun cocktail-aperitivo con produtos galegos: embutidos Casa Neiras, Queixo Pazo de Anzuxao, Viños da Adega Terra Brava, empanadas e tartas de Ingapan e augas Fontecelta.

17757308_182542342261893_8748656871339215513_n