Seleccionar página

O Antroido de Matamá volve este ano en Febreiro

A pequena aldea de Matamá, situada entre Laza e Retorta, celebra o Antroido de Matamá, unha festa popular ancestral que voltou grazas á iniciativa dos veciños que decidiron recuperar o entroido tradicional que xa se levaba a cabo nesta vila, seguindo os fitos, cerimonias e tradicións propias destas datas.

Dende o 1 de xaneiro, comezaron a saír os peliqueiros a repenicar cos seus chocos para comezar a prepararse e adestrar para a cita. Logo foron os cantares de Reis que xuntaron os veciños para desexar felicidade e bonanza durante todo o ano. Despois as madamas e os folións, irán anunciando a chegada do Xoves de Compadres e de Comadres para finalizar na gran festa do Entroido: o domingo da estrea, o luns das formigas e o martes de despedida, o testamento do burro.

Abella Creativa co Antroido de Matamá

Dende Abella Creativa apoiamos esta festa co deseño de cartelería e folletos informativos e apoio no difusión, promoción e comunicación do eventos a través de diferentes canles, e por suposto, orgullosísimos delo.

 

antroido-matamá