Seleccionar página

Pedro Nimo convida a Amador Pena a participar na Maratón de Los Ángeles

Amador Pena estaba buscando unha cita importante para o seu debut na distancia de maratón. Dado que a súa preparación quería levala a cabo en 10 semanas, consultoulle a Pedro Nimo, campión de España de Maratón en 2015 e compañeiro en diferentes carreiras con Amador Pena, ademais de propietario da tenda deportiva 3&Run en Santiago de Compostela.

Unha das citas mundiais máis importantes: L.A. Marathon, o 19 de marzo.

O maratón de Los Ángeles é unha das probas deportivas máis prestixiosas de Estados Unidos e do mundo. Corredores de todos os estados e de máis de 55 países acoden á cita ó 19 de marzo que parte do Dodge Stadium ata Santa Mónica. 42 kms por unha das cidades máis grandes do mundo.

As zapatillas elixidas: as Skechers

Amador Pena adquire unhas novas zapatillas en 3&Run de Santiago de Compostela para adestrarse durante as 8 semanas que lle restan da súa participación na maratón. Nos seguintes vídeos, amosará trucos e consellos para unha alimentación sá, sesións de adestramento, exercicios e tamén todo o que rodea a un corredor para poder alcanzar os seus obxectivos.

 

foto inicio