Seleccionar página
  • O director pontevedrés Pablo Cacheda presenta un novo proxecto audiovisual en Barcelona, tras o éxito de “Clases do social, a webserie”.
  • O elenco artístico está formado polos ourensáns Fernando González e Antea Rodríguez xunto con Sabela Arán e Cova Berdiñas.
  • As notas musicais ponas os grupos galegos Monoulious Dop e Priscila.
  • A produtora espera a todos os interesados en ver o resultado no Centro Galego de Barcelona, este sábado 14 ás 21.00h neste pase oficial. A entrada anticipada ten un custo de 4 € en Ticketea e de 7 € en despacho de billetes.

Chegan a Barcelona, Monoulious DOP co espectáculo de Superpunky Musical

Barcelona, 9 de xaneiro de 2017. Este sábado ás 21.00h no Centro Galego de Barcelona, terá lugar a proxección da obra musical “Superpunky”, coa presenza do director da obra Pablo Cacheda. O grupo musical Monoulious Dop, ofrecerá un espectáculo musical ao finalizar a proxección, sempre cargados de humor e de sorpresas.

Éxito da webserie Clases de lo social

Tralo éxito de dúas tempadas da webserie “Clases de lo social”, co nomeamento aos Premios Mestre Mateo e o Premio do Público do Festival Carballo Interplay, o realizador pontevedrés Pablo Cacheda estrea novo proxecto audiovisual. Superpunky é un musical que conta a historia de dúas amigas, Belén e Rebeca que son íntimas desde pequenas. Ambas comparten os mesmos gustos musicais, pero cando van á universidade os seus gustos musicais sepáranse e comezan a aparecer os conflitos. Entre estes conflitos aparecerá Quique, un antigo, neno prodixio e actual cantautor maldito. Un concerto de Quique, varios anos despois de separarse do seu grupo, servirá de eixo da historia.

Ademais de destacar o talento interpretativo, tanto a nivel musical como actoral e técnico, Pablo Cacheda buscar “crear un proxecto dun xénero case non explotado en Galicia, dunha maneira arriscada e innovadora”. A obra busca mostrar todo o talento musical galego integrado nunha historia de ficción, parodiando un musical convencional.

Peche de festa con Monoulious DOP

Tras rematar a estrea, Monoulious Dop ofrece un concerto, onde interpretará temas propios seguindo o seu estilo rockeiro e desenfadado en formato acústico. Un aliciente máis para o evento da estrea de Superpunky, o Musical.

cartel-superpunky-barcelona

Compra aqu tus entradas
ticketea