Seleccionar página

Galicia baila a ritmo de “Superpunky”, o musical

  • O director pontevedrés Pablo Cacheda estrea un novo proxecto audiovisual titulado Superpunky tralo éxito de “Clases de lo social, la webserie”.
  • O elenco artístico está formado por artistas recoñecidos como Fernando González, Sabela Arán, Antea Rodríguez e Cova Berdiñas.
  • As notas musicais póñenas os grupos galegos Monoulious Dop e Priscila.
  • A produtora prepara unha xira por toda Galicia.

Volvemos a primera e Abella Creativa producen esta obra

Tralo éxito de dúas temporadas da webserie “Clases de lo social”, coa nominación aos Premios Mestre Mateo e o Premio do Público do Festival Carballo Interplay, o realizador pontevedrés estrea novo proxecto audiovisual. Superpunky é un musical que conta a historia de dúas amigas, Belén e Rebeca que son íntimas desde pequenas. Ambas comparten os mesmos gustos musicais, pero cando van á universidade os seus gustos musicais sepáranse e comezan a aparecer os conflitos. Entre estes conflitos aparecerá Quique, un antigo, neno prodixio e actual cantautor maldito. Un concerto de Quique, varios anos despois de separarse do seu grupo, servirá de eixo da historia.

Ademais de destacar o talento interpretativo, tanto a nivel musical como actoral e técnico, Pablo Cacheda pescuda “crear un proxecto dun xénero case non explotado en Galicia, dun xeito arriscado e innovador”.  A obra busca amosar todo o talento musical galego integrado nunha historia de ficción, parodiando un musical convencional.

 

Superpunky é un produción de Volvemos a Primera e Abella Creativa, co apoio do Concello de Pontevedra, a Pontevedra Film Comission e o IES Sánchez Cantón, e co patrocinio de Cárnicas Lovar, Lois Carrera, Mahou e a colaboración de J. Joaquín, Acuña, Marilyn Pontevedra, Bar Pasaje, O Fogar dos Martínez, Víctor Moledo, Códex Pontevedra, Gadis, Nikis Galicia Style, Trípede, Skandal, Pulpería Ruzo, Cega Audiovisuales e Libraría Paz..