Seleccionar página

Cada ano, máis solidariedade na Gala contra o Cancro

  • O equipo de Organización do evento e a Asociación Española contra o Cancro de Ourense están moi satisfeitos e orgullosos da colaboración e apoio da cidadanía de Ourense.
  • O evento consegue así, aumentar a cifra recadada con respecto a anteriores edicións e volver encher de solidariedade o Auditorio Municipal de Ourense.
  • Lys Pardo, Monoulious Dop, Pepe Capelán, Xabier Vizcaíño, La Dama Gris e a Escuela de Danza Estilo Libre foron os artistas desta IV edición.
  • Os fondos recadados irán destinados integramente á Asociación Española contra o Cancro de Ourense que os orientará a prestar axuda ás familias e afectados por esta enfermidade,

Unha cidade solidaria

Ourense volveu a demostrar que é unha cidade solidaria na IV Gala contra o Cancro. Esta edición, a Asociación Española contra o Cancro grazas á organización da Asociación Cultural Xuvenil As Canellas recadou un total de 6.903 €, superando os 6.746 € da pasada edición e superando os 20.000 € recadados ao longo do catro galas anteriores. Isto conseguiuse grazas á asistencia ao evento (o Auditorio Municipal ha completado o seu aforamento), ao apoio de diversas empresas e institucións e á doazón de múltiples persoas que colaboraron economicamente a través da fila 0.

Cartel con artistas con gran proxección

Nesta edición, os presentadores Rubén Riós e Lucía Rodríguez presentaron un cartel formado por Lys Pardo, filla do eterno Juan Pardo, Monoulious Dop, un dueto musical de Outes que arrasaron na rede coas súas composicións propias, Xabier Vizcaíño, intérprete e compositor do Incio, La Dama de Gris, composto pola cantante Belén Monís e o pianista José Carlos González, Pepe Capelán, cómico de Arteixo que deleitou ao respectable co seu monólogo e a Escola de danza Estilo Libre que presentou perfomances e coreografías orixinais e xenuínas.

Os seguintes pasos da Gala contra o cancro

A Organización está contentísima co resultado e espera seguir traballando en futuras edicións. En palabras do organizador, David Rodríguez (presidente da Asociación Cultural Xuvenil As Canellas): «É incrible ou que se está a conseguir grazas a axuda e ou apoio de todos e todas as ourensás. Un enorme pracer ser de Ourense e ver como a túa cidade se volca por unha causa tan loable como é a loita contra ou cancro».

A Gala contra o Cancro conta co patrocinio de Concello de Ourense, Auditorio Municipal de Ourense, Deputación de Ourense, Abanca, Grupo Cuevas, Academia Postal, Coasa e Pérez Rumbao e a colaboración de 20 de Vyrras, Aleuto Medios Dixitais, Escola de Danza Estilo Libre, NH Ourense, Pily Reñones Estudo Fotográfico, Coren, Abella Creativa, QM Estilistas e Adegas Galegas